Manifesto [ILG-RAG]

As cidadás e cidadáns galegos abaixo asinantes, á vista do cesamento do fogo “permanente, xeral e verificábel” que a ETA anunciou no 10 de Xaneiro, achamos que decaeron totalmente as xustificacións que o Estado español viña empregando para perpetuar en Euskal Herria unha situación de suspensión xeral de dereitos fundamentais e excepcionalidade xurídica. Demandamos pois que se restabelezan con carácter universal e de urxencia todos os dereitos individuais e colectivos para todas as persoas en Euskal Herria e manifestamos:

1.- Conscientes do carácter negativo que teñen para a sociedade galega os actuais procesos de recentralización política e económica, desexamos alzar a nosa voz para que todos os pobos exerzan todos os seus dereitos e liberdades sen restricións.

2.- Que achamos inaceptábel a instrumentalización política que o Estado español fai da Xustiza para limitar ou suspender os dereitos e as liberdades democráticas da sociedade basca, como o dereito de reunión, a constituír partidos políticos e a concorrer nos procesos electorais. Na medida en que o Estado español mantiver a súa posición inmobilista no conflito vasco, será cada vez máis evidente a súa obstinada negativa a aceitar o dereito a decidir sobre o seu futuro, libre e democraticamente expresado.

3.- Demandamos ao Estado español a restauración en Euskal Herria de todas as liberdades e dereitos constitucionalmente recoñecidos, isto é, de re unión, manifestación e participación política legal, sen exclusións nin arbitrariedades, así como a adopción de medidas urxentes para restabelecer a seguranza xurídica no ámbito policial e penitenciario, e garantir o respecto dos dereitos humanos dos cidadáns vascos e vascas que foren detidos ou presos.

Listaxe de asinantes